Queridas familias:

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, consciente do esforzo que o profesorado e os centros plurilingües veñen realizando durante os últimos anos, quere dar un paso máis e pretende facilitarlle ao alumnado que cursa os seus estudos de 4º de Educación Secundaria dentro do programa plurilingüe en lingua inglesa, nos centros educativos incorporados á Rede de Centros Plurilingües, e así o desexe, a acreditación do nivel B1 ou B2 en lingua inglesa, no marco da estratexia EDUlingüe 2020.

Esta acreditación poderase obter a través dunha proba específica organizada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e sen custo para as familias..

Co obxecto de organizar a realización e avaliación destas probas a Consellería levou a cabo un proceso aberto de contratación pública, do que resultou adxudicataria a empresa Trinity College London. Esta empresa realizará a proba ISE

http://www.trinitycollege.com/site/?id=3192 .

Estas probas realizaranse nos centros docentes que se determinen, nas cidades de Santiago, A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo (ou en centros próximos).

En relación co desenvolvemento destas probas cómpre salientar:

  1. As probas permiten acreditar o Nivel B1 ou Nivel B2 de competencia lingüística, en lingua inglesa.
  2. A proba escrita realizarase o sábado 16 de xuño de 2018 en horario de mañá.
  3. As probas orais realizaranse entre o 18 e o 22 de xuño de 2018 en horarios que se concretarán para cada persoa candidata.
  4. A participación nestas probas é de carácter voluntario. O alumnado decidirá, coa orientación do seu profesorado, o nivel ao que se quere presentar (B1 ou B2).
  5. A inscrición do alumnado aspirante será gratuíta e realizarase a través dos centros educativos.