Biblioteca

Centro creativo para a construción de aprendizaxes

O noso centro CPR. PL. PADRE MÍGUEZ-CALASANCIAS pasou a integrarse no PLAMBE no curso 2019/2020, isto supuxo para o colexio unha fonte de recursos fundamental tendo en conta as posibilidades que se nos abrían de organizar e dinamizar a biblioteca como un centro creativo para a construción de aprendizaxes, do desenvolvemento das distintas competencias, como elemento estratéxico para a innovación, lugar de interacción social onde desfrutar dos coñecementos compartidos. Temos claro que a promoción da lectura, o uso creativo das TIC, o emprego da BIBLIOTECA como fonte de coñecementos, de contidos e de pracer, podendo chegar a un destino óptimo e exitoso se as familias, como piar fundamental da educación, nos acompañan neste recorrido.

O obxectivo que queremos para a nosa biblioteca é que sexa un medio facilitador do tratamento transversal dos contidos e do enfoque interdisciplinario dos proxectos e actividades deseñadas dende o centro, por iso, recollemos unhas liñas prioritarias de actuación para a biblioteca que ao mesmo tempo nos axuden a desenvolver o Plan anual de lectura e o Proxecto lector, concretada cada unha cuns obxectivos e as actuacións representativas que se levaron a cabo.

Queremos ser tu cole

Nuestro Proyecto Educativo ofrece a las familias una formación integral basada en descubrir, desarrollar y potenciar las capacidades de los alumnos.

Nuestro día a día
en la Biblioteca