O noso centro vai participar no programa EduEmprende, como parte do Plan de Emprendemento no Sistema Educativo Galego, promovido pola Xunta de Galicia en colaboración co Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), buscando así implantar a cultura emprendedora como motor da innovación, da creación de emprego e do crecemento económico nos nosos estudantes.

Para iso, os nosos alumnos de 6º de Ed. Primaria e 4º da E.S.O. participarán nos programas «Gran Prix financeiro» e «Finanzas para mortais» respectivamente.